lunes, 4 de junio de 2012

AGRADECEMENTO Á COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA DE BAÍÑA




Este sábado 2 de xuño fomos convidados a unha xuntanza-sardiñada no Centro Social e Cultural de Santa Mariña de Baíña (Baiona).

Na compaña do meu pai, Xoán Martínez Tamuxe, a Comunidade de Montes de Baíña rendiunos unha pequena homenaxe para conmemorar os case catro anos da publicación e presentación do libro Santa Mariña de Baíña e o Eremitorio de San Cosme. Aproximación histórica, que escribimos en 2008. No enlace lembramos ese día, acompañado dalgunhas imaxes do sábado.


Dende aquí sinceras grazas -entre outros- a Antonio Pereira, Antonio Mijón, Ramón Garrido, Eugenio Rodríguez , Alberto Valverde, e como non, a Bárbara Pereira, presidenta da Comunidade.

Un cordial saúdo tamén para o xornalista Pepe Costas, co que estivemos conversando boa parte desta festa e que nos presentou como el ben dicía "a media Baiona". Sen dúbida, un gran evento do Centro Cultural e da Comunidade de Montes de Santa Mariña de Baíña, unha entidade e unha parroquia que se preocuparon por coñecer a súa historia, ás súas raíces.

En palabras do noso prologuista, Luis Domínguez Castro, profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo, ese libro "é unha homenaxe aos devanceiros que nos permiten disfrutar da Baíña de agora. Ao longo desas páxinas, un toma conciencia da herdanza, sofrida e intensa, das xeracións que nos foron precedendo".

Graciñas, para rematar, a todos os baiñeses e baiñesas que nos fixeron sentir como na casa e que aínda hoxe nos mostraron a súa ledicia pola feliz publicación do libro. De corazón e con toda humildade, meréceno.

¡¡Noraboa!!