lunes, 27 de agosto de 2012

FRONY E SEVI, CAMPIÓNS DO III OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR TROYA



Como sabedes, o venres 24 de agosto disputouse no Bar Troya o III Open de Futbolín O Rosal 2012.



Finalmente completáronse todas as prazas ofertadas (32 xogadores/as-16 parellas) neste novo torneo que gañou o equipo “Fornelos/Cruces” integrado por Sergio Diego Fernández (Frony) e Carlos Álvarez Antúnez (Sevi). Os subcampións foron “Demo e Mary” (Sergio Martínez Maza de Lizana e Mary Domínguez Rodríguez).


O terceiro posto foi para “Los Cogollitos”, parella formada por Pedro Fernández Carrera e Sergio Rodríguez Rodríguez (Trinta), finalizando en cuarta posición o equipo “Ínsua”, integrado por Braulio Álvarez González (Galis) e Gustavo Jurado Fernández.


Comezou este III Open de Futbolín co esperado, emocionante e tradicional sorteo para coñecer aos integrantes dos equipos (os xogadores apúntanse individualmente) deparando o destino dous emparellamentos curiosamente exactos ao I Open, tamén celebrado no Troya (Santi/Yors e Yeya/Pipu).

Debutaron oficialmente Mario Treinta Alonso, tocándolle Ángel como compañeiro (Os Metílicos) e Álex Casal Iglesias, formando con Tuka o “Equipo Ja”.


Quero agradecer publicamente, en primeiro lugar o compañeirismo e o “bo rollo” amosado por todos os xogadores/as, a inestimable colaboración do Bar Troya para a realización deste torneo, así como de Dani Rodríguez, Sergio Casal, Nina López e da Confitería Rogelio de O Rosal, que obsequiou aos participantes con dúas fantásticas roscas das que se deu boa conta intres antes do inicio deste III Open.


Heliodoro Rodríguez González “Lelo”, propietario do local “troyano”, foi o encargado de entregar os correspondentes premios aos catro primeiros equipos clasificados. O vindeiro sábado 1 de setembro ás 22:30 horas, terá lugar no mesmo local a “Entrega de diplomas do III Open de Futbolín O Rosal 2012. Bar Troya” a todos os xogadores/as que participaron neste campionato.

Podedes ver a reportaxe fotográfica completa e a clasificación final deste III Open aquí.