Hoxe, venres 9 de agosto, pódese ler no Faro de Vigo, no suplemento de sociedade, cultura, ocio e turismo "Entre Ríos" (Baixo Miño/Louriña) un artigo a toda páxina da miña autoría que tamén é portada principal desta publicación mensual.
O tema elixido nesta ocasión, o reclamo turístico que supón para O Rosal o complexo histórico-etnográfico dos 67 muíños hidráulicos do Folón-Picón.
Dende aquí, o meu sincero agradecemento ao xornal Faro de Vigo e en especial á miña activa compañeira xornalista Eva González.