jueves, 25 de febrero de 2016

II Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca en Pías

Un momento da I edición do Concurso, o pasado ano. Fotos: Infomiño

Novamente é un pracer comunicarvos que a Comisión de Festas da Feira de San Gregorio (Pías-O Rosal) conta comigo por segundo ano consecutivo para presentar o "II Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca 2016".


Este "singular e divertido evento gastronómico" dará comezo o vindeiro sábado 12 de marzo a partir das 17:00 horas

Haberá dúas modalidades: tradicional e innovación, sendo a inscrición para o concurso libre e gratuíta.



Dende aquí anímovos a participar da Feira e achegarvos ata a carpa que estará instalada fronte á cantina da Comisión, no lugar da Estrada, en San Gregorio (Pías-O Rosal).