jueves, 10 de marzo de 2011

Outras obras e curiosidades


Dende hai anos, Juan Ramón Martínez Barbosa colabora con distintos xornalistas e medios de comunicación, tanto galegos como nacionais, na publicación de crónicas e artigos, así como facilitando información e imaxes. 



De cando en vez concede entrevistas en radio e televisión (TVE, Tele5, TVG, Vía Televisión, VTelevisión, Radio Galega, RMT, etc).


Membro do grupo científico-cultural para o recoñecemento oficial do Camiño Portugués pola Costa, sendo un dos asinantes da Declaración de Oia do 20 de xaneiro de 2009.



Un ano despois, en xaneiro de 2010 desprazouse ata Madrid como fotógrafo oficial e para representar a O Rosal xunto co alcalde da vila, na XXX edición de Fitur (Feria Internacional de Turismo) con motivo da presentación en sociedade de dito Camiño. 



A recoñecida actriz galega María Castro e o veterano xornalista e presidente da "Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión en España", Manuel Campo Vidal, foron os encargados de destacar os valores do Camiño Portugués pola Costa.

Juan Ramón é activo organizador e presentador de eventos deportivos, culturais e turísticos.



En febreiro de 2011 coordina e presenta o I Recoñecemento ao Mérito Deportivo do Rosal.



En 2012 e 2013 foi designado para presentar en Bembrive (Vigo) o evento Galicia Awards Cache que se celebra dende aquela nas instalacións da Sociedad Cultural Deportiva y Recreativa "Helios".



Juan Ramón foi o encargado de guiar as andainas do programa "O Rosal. Coñece o teu Concello", ofrecendo as correspondentes explicacións histórico-culturais.



En 2014 volve a presentar o II Recoñecemento ao Mérito Deportivo do Rosal, onde se homenaxeou aos deportistas e clubs máis destacados da vila.



En xullo de 2014 coordinou a andaina da I edición 10 K O Rosal. Feira do Viño, e en outubro foi o guía do evento deportivo-cultural 15k del Atlántico (Oia-O Rosal-A Guarda).



En decembro de 2014 foi o speaker da carreira e andaina I San Silvestre O Rosal, organizada polo Club de Atletismo Manuel Suárez Marquier e o concello da vila.



En febreiro de 2015 exerceu de guía por terras rosaleiras na 1ª Andaina de Santa Cruz a San Lourenzo (A Guarda-O Rosal-Goián, Tomiño).



En marzo de 2015 foi o presentador do I Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca na tradicional Feira de San Gregorio en Pías (San Miguel de Tabagón-O Rosal).



En abril de 2015 foi o encargado de presentar no Auditorio da vila, de maneira oficial, a plantilla de corredores e directiva do Club Ciclista O Rosal.



En maio de 2015 guiou a ruta polos Muíños do Folón e Picón durante a xornada "Del Mar a la Tierra" organizada por Bluscus e que contou cos bloggers máis recoñecidos de Galicia e Portugal.




En xullo de 2015 realiza a presentación oficial -na Praza do Calvario e durante a Feira do Viño- do equipo do Acanor Atlético Novás para a tempada 2015-16. Nese mesmo mes de xullo guía a II Andaina 10k O Rosal Feira do Viño.




Durante todo o mes de agosto realiza un documental e unha reportaxe fotográfica por Canadá e EEUU, visitando cidades como Montreal, Quebec, Chicago e mesmo os estados de New York e Alaska (Fairbanks, Kodiak, Anchorage, Seward, Whittier...)



En setembro de 2015 participa por vez primeira en Pontevedra no VI Congreso de Escritores/as en Lingua Galega.



En outubro de 2015 entrevista, narra e presenta a XXVIII Festa do Cabaqueiro do Rosal



Igualmente ese mes foi o presentador oficial no Restaurante Juan do Rosal de todas as categorías do club Acanor Atlético Novás de balonmán.



En novembro de 2015 foi o guía da Experiencia Ecotur de Uniminho/Associação do Vale do Minho Transfronteiriço, explicando a Cultura Cabaqueira no Centro Etnográfico "Casa dos Oficios do Rosal" ou mesmo guiando varias rutas da Experiencia A (visita aos muíños do Folón e do Picón) e C (petróglifos de Ghorghalado en Eiras).



En decembro de 2015 presenta a II edición da carreira popular San Silvestre O Rosal.



Nese mesmo mes de decembro foi o speaker-presentador do evento deportivo All Star Game O Rosal 2015 que incluíu o partido entre as seleccións de Galicia e Marruecos.